ROCIO REBOREDO BLANCO
JULIA SÁNCHEZ RIVAS
Eduardo María González-Pondal e Abente naceu en Ponteceso, A
Coruña , o 8 de febrero de 1845 e
morreu tamén na Coruña en 1917. Está
enterrado no cemiterio de San Amaro desta cidade.
Foi o último dos sete irmáns nunha familia de orixe fidalga,
enriquecida coa emigración a América. Estudou gramática latina en Nemiña. En 1848
instalouse en Santiago de Compostela para cursar o bacharelato en Filosofía e,
posteriormente, a carreira de Medicina.
Sendo estudante
frecuentou as Tertulias do “Liceo San Agustín” e coñeceu ao tamén poeta Aurelio
Aguirre. Foi un dos organizadores, xunto con Aguirre, do banquete de Conxo, que
uniu fraternalmente a obreiros e estudantes na robleda de Conxo o 2 de marzo de
1856.
Nesta
ocasión,Pondal leu un poema reivindicativo en castelán, “Brindis”, acerca da
igualdade dos homes. Este feito acarreoulle serios problemas coas autoridades,
que estiveron a punto de depórtalo ás Illas Marianas.
No ano 1862, tras
rematar a carreira, exerceu como médico na Armada na base de Ferrol. No ano
1863 fixo oposición en Madrid ao Corpo da Sanidade Militar, pero, ainda que
tivo un traballo en Asturias, deixou a praza e abandonou de forma definitiva o
exercicio da medicina.
Retirouse da casa
paterna, dese onde facía frecuentes viaxes a A Coruña. Alí participaba na
tertulia “A Cova Céltica”, na libraría de Carré, xunto con Martínez Salazar, Manuel Murguía, Florencio Vaamonde,
Martelo Paumán, Manuel Lugrís Freire
e outros. A través de Murguía, coñece os poemas ossiánicos de James Macpherson.
Desde entón, Pondal asume o papel de bardo da nación galega.
Pondal escribiu
tanto en castelán coma en galego. O seu primeiro poema en galego apareceu en
1862 no Álbum de la Caridad. Titulábase “A
Campana de Anllóns”.
En 1877 publica
Rumores de los pinos, colección de vinte e un poemas (oito en castelán, once en
galego e dous bilingües) que servirá posteriormente de base aos seus Queixumes dos pinos (1886).
Queixumes conserva
do libro anterior os once poemas en galego e os dous bilingües, pero engádenselle
agora setenta e oito poemas novos.
Ademais destas
obras, Eduardo Pondal deixou unha ampla produción inédita, entre a que se conta
o poemario “Os Eoas”, un canto épico
ao descubrimento de América. Nos Eoas traballou Pondal ao longo da súa vida
literaria. A obra non foi editada en vida do poeta. A versión definitiva do
texto permaneciu descoñecida na sede da Real Academia Galega hasta a súa
reaparición e publicación en 2005.
En 1890 o músico Pascual Veiga pediríalle unha letra
para unha obra que pretendía presentar a un certame en A Coruña. Eduardo Pondal
compón para a ocasión o poema “Os
Pinos”, do cal as primeiras estrofas formarán parte da letra da melodía. En
1907 a composición de Veiga será interpretada por primeira vez na Habana,en
Cuba, porque foi a emigración quen apoiou a creación de símbolos como a
bandeira e o himno.Foi considerado desde
entón o Himno de Galicia (anexo l). En l981 será legalizada como himno
oficial polo Estatuto de Galicia. Desde 1935 (edición da Real Academia Galega)
ese poema integrouse, xunto con outros inéditos, nas edicións de “Queixumes dos
Pinos”.
Pondal é o máximo expoñente da literatura galega. Idealiza o
pasado céltico de Galicia, que el imaxina libre e independente e como apenas
quedan vestixios desta época, inspírase nas investigación de Manuel Murguía e
Benito Vicetto. O simbolismo do celtismo dentro da poesía de Pondal é claro:
así como os celtas combateron heroicamente a invasión romana, os galegos deben
tomar o seu exemplo e loitar contra a opresión castelá.
Tamén é
interesante como poeta lírico. Xunto coa natureza e as paisaxes da súa terra
natal (a comarca de Bergantiños), o amor é outra das claves da súa poesía.
Utilizou unha
lingua aristocratizante, fuxindo da lingua coloquial e incorporando ao seu
léxico e á súa sintase numerosos cultismos. Para isto serviuse dos seus
profundos coñecementos das lingua clásicas, remitíndose tamén en ocasións á
lingua portuguesa. É famosa a súa frase no leito de morte ”déstesme unha lingua de ferro, devólvovos unha lingua de ouro”.
Diversos músicos e
grupos galegos usaron poemas seus como letra. Entre eles o grupo de música Na
Lúa e o cantante Juan Pardo, que puxo música a varios poemas seus no disco
“Galicia miña nai dos dous mares”.
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario