jueves, 7 de febrero de 2013

O noso globo chegou a Zamora!!!!!

Pois si! Como xa saberedes o luns pasado puidemos celebrar o día da paz no patio lanzando globos coas nosas mensaxes e soltando pombas da paz.
A nosa mensaxe levaba escrito o correo electrónico do colexio por se alguén o atopaba...

Hoxe pola mañá, o director do Colexio díxonos que unha persoa de Zamora atopou o globo da nosa clase e escribiunos un correo contándonolo. Fíxonos moita ilusión saber que a nosa mensaxe de paz chegou a Roelos de Sayago, en los Arribes del Duero, Zamora.
A persoa que nos ecribiu, Chus, contounos que foron seus pais quen o atoparon no medio dunhas vacas.

Aquí tedes unha foto que nos enviou Chus e o percorrido do noso globo aventureiro.

Moitas grazas Chus!!
Muchas gracias Chus!!





1 comentario: